EMPRESA

A queixería Catadoiro comenzou a funcionar a finais dos anos 80 coa intención de recuperar unha tradición secular pero que hasta entón se facia de forma totalmente manual. Foi a primeira queixería que uniu a arte ancestral no cuidado, o esmero na elaboración deste queixo e o emprego dos sistemas mais adiantados para a sua óptima producción e tratamiento.

Na queixería Catadoiro prodúcese queixo con Denominación de Orixe de “San Simón da Costa” con leite de vaca, de pasta semidura, afumada con madeira de bidueiro. Tamén se produce o tradicional queixo fresco galego cunha curación que se completa
a partir dunha semana.

O leite que se emprega para a elaboración dos queixos “San Simón da Costa” será procedente das razas rubia galega, pardo alpina, frisona e dos seus cruces entre sí.
A zona de producción do leite para a elaboración de queixo amparado pola Denominación de Orixe protexida “San Simón da Costa” está constituida pola área xeográfica que abarca a comarca da Terra Chá, composta polos siguintes Concellos, todos eles da provincia de Lugo: Vilalba, Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza.

O queixo con denominación de orixe “San Simón da Costa” prodúcese en dous formatos: grande entre 0,8 y 1,5 kg, altura entre 13 y 18 cm e unha maduración mínima de 45 días. O formato pequeno ou “bufón”, cunha maduración mínima de 30 días, un peso ó finalizar a mesma entre 0,4 e 0,8 kg e unha altura entre 10 y 13 cm. Para producir 1 kg de queixo Catadoiro con denominación de orixe San Simón da Costa precísanse 12 litros de leite.

Todo o proceso de fabricación está sometido a controis de calidade e sanitarios externos que garanten un queixo de ideais condicións.

Hoxe en día a Queixería Catadoiro ten unha superficie de fabricación superior a 500 m2 e distribuye a nivel local, comunitario, nacional (Madrid, Barcelona…) e internacional (E.E.U.U, Canadá, Australia, Japón).