Os Nosos Produtos
Na queixería Catadoiro prodúcese queixo con Denominación de Orixe de “San Simón da Costa” con leite de vaca, de pasta semidura, afumada con madeira de bidueiro. Tamén se produce o tradicional queixo fresco galego cunha curación que se completa a partir dunha semana.
O leite que se emprega para a elaboración dos queixos “San Simón da Costa” será procedente das razas rubia galega, pardo alpina, frisona e dos seus cruces entre sí.
A zona de producción do leite para a elaboración de queixo amparado pola Denominación de Orixe protexida “San Simón da Costa” está constituida pola área xeográfica que abarca a comarca da Terra Chá, composta polos siguintes Concellos, todos eles da provincia de Lugo: Vilalba, Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza.
O queixo con denominación de orixe “San Simón da Costa” prodúcese en dous formatos: grande entre 0,8 y 1,5 kg, altura entre 13 y 18 cm e unha maduración mínima de 45 días. O formato pequeno ou “bufón”, cunha maduración mínima de 30 días, un peso ó finalizar a mesma entre 0,4 e 0,8 kg e unha altura entre 10 y 13 cm. Para producir 1 kg de queixo Catadoiro con denominación de orixe San Simón da Costa precísanse 12 litros de leite.
Todo o proceso de fabricación está sometido a controis de calidade e sanitarios externos que garanten un queixo de ideais condicións.
Hoxe en día a Queixería Catadoiro ten unha superficie de fabricación superior a 500 m2 e distribuye a nivel local, comunitario, nacional (Madrid, Barcelona…) e internacional (E.E.U.U, Canadá, Australia, Japón).